A Escola de Artes e Oficios organiza as II Xornadas Audiovisuais sobre Cerámica

xoves, 15 xan 2009

Do 15 de xaneiro ao 2 de xuño de 2009 a Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO) organiza as II Xornadas Audiovisuais sobre Cerámica,nas que se amosa a relación da cerámica co mundo audiovisual en Asia, con dúas producións chinesas, unha xaponesa e outra coreana. As proxeccións terán lugar no salón de actos da EMAO-Escola Municipal de Artes e Oficios- ás 19 horas, con entrada gratuíta.<br />

La Escuela de Artes y Oficios organiza las II Jornadas Audiovisuales sobre Cerámica

xoves, 15 xan 2009

Del 15 de enero al 2 de junio de 2009 la Escuela Municipal de Artes y Oficios de Vigo (EMAO) organiza las II Jornadas Audiovisuales sobre Cerámica,en las que se muestra la relación de la cerámica con el mundo audiovisual en Asia, con dos producciones chinas, una japonesa y otra coreana. Las proyecciones tendrán lugar en el salón de actos de la EMAO-Escuela Municipal de Artes y Oficios- a las 19 horas, con entrada gratuita.<br />

Acto conmemorativo do 60 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

martes, 9 dec 2008

O martes 10 de decembro celebrarase no Auditorio do Centro Cultural Caixanova un acto cívico, con motivo do sesenta aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, no que se presentará o libro Educación e Paz III. Literatura Galega pola Paz, coordinado polo recentemente desaparecido Xesús R. Jares. O acto, que comezará ás 20 hs., está organizado por Educación do Concello de Vigo, Edicións Xerais de Galicia e polo Grupo de Educadores pola Paz.

Acto conmemorativo del 60 aniversario de la Declaración Universal de los Derechos Humanos

martes, 9 dec 2008

El martes 10 de diciembre se celebrará en el Auditorio del Centro Cultural Caixanova un acto cívico, con motivo del sesenta aniversario de la Declaración Universal de los Derechos Humanos, en el que se presentará el libro Educación y Paz III. Literatura Gallega por la Paz, coordinado por el recién desaparecido Xesús R. Jares. El acto, que comenzará a las 20 hs., está organizado por Educación del Ayuntamiento de Vigo, Ediciones Generales de Galicia y por el Grupo de Educadores por la Paz.

615 escolares de 11 centros de ensino da nosa cidade asistirán o luns a dúas funcións desta obra especialmente pensadas para o seu uso didáctivo

Educación do Concello de Vigo programa a obra de teatro en inglés para escolares "Treasure Island"

venres, 7 nov 2008

Dentro do Programa municipal de achegamento ao idioma inglés, Aulas Internacionais-Vigo activities, a concellería de Educación organiza unha serie de sesións de teatro profesional en inglés dirixido especialmente a escolares. O programa levará a escea o vindeiro luns 10 de novembro no Auditorio Helios de Bembrive, dous pases da obra "Treasure island" (a cargo de The new performers) especialmente dirixida ao alumnado de 3º a 6º de primaria.

25 profesores británicos de intercambio visitaron o Concello de Vigo

mércores, 29 out 2008

Os docentes está aloxadas nas vivendas de distintos profesores vigueses e dan clase aos alumnos tanto en inglés como en español. O alcalde os recibiu este mércores na Alcaldía e lles invitou a que, o vindeiro ano, sexan "50 ou 100" os que cheguen a Vigo. Abel Caballero agarda que a cooperación entre o Reino Unido e a cidade continue.

Inauguración do curso escolar da Escola Municipal de Música

xoves, 23 out 2008

A Escola Municipal de Música celebrou o mércores 22, o acto de inauguración do curso escolar 2008/2009, ao que asistiu o alcalde e a concelleira de Educación, Laura López Atrio. A escola con 385 prazas ten catro niveis de ensino: música e movemento, plan xeral de estudios, plan de estudios para adultos e plan de acceso ó conservatorio.

Educación programa 36 sesións de teatro en inglés para escolares

martes, 21 out 2008

Theatre in english comezou onte no Colexio Público García Barbón e está previsto que participen máis de 5.000 escolares vigueses, que asistirán tanto nos seus propios Colexios como no Auditorio Helios de Bembrive a 5 obras especialmente pensadas para o seu uso didáctivo. Así o presentou hoxe martes a concelleira de Educación, Laura López Atrio.

Iolanda Veloso inaugura o curso de formación de monitoras na promoción da igualdade de oportunidades

mércores, 15 out 2008

A concelleira de Igualdade, a nacionalista Iolanda Veloso, inaugurou este mércores o curso formativo de promotoras de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. No acto, agradeceu o interese das persoas participantes na iniciativa, en especial aos homes que amosaron o seu interese. O curso desenvolverase ata o 13 de novembro e está dirixido a persoas con formación nas ciencias sociais e/ou cunha especial sensibilización co enfoque de xénero.