Escoitar

Caballero avanza que o Concello dará as bolsas de libros que retira a Xunta

O alcalde de Vigo criticou hoxe martes a decisión da Xunta de rebaixar nun 12% as axudas a bolsas de comedor, o que supón un recorte de 2,5 millóns de euros. Tal e como explicou, o Concello "volve suplir a política antisocial de Feijóo".

martes, 15 xan 2013
1358256094alcalde6.jpg
Abel Caballero censurou a "lamentable" decisión da Xunta de Galicia de recortar en 2,5 millóns de euros as axudas en libros que ata o de agora estaba a outorgar o Goberno autonómico. Diante dos medios de comunicación, Caballero comprometeuse a asumir en Vigo esa rebaixa dun 12% ao tempo que destacou que ao tempo que a Xunta recorta nestes dereitos, o Concello aumenta as partidas para educación. Explicou que esta decisión ven acompañada doutras similares como retirar 183.000 euros de axudas a comedor, unha partida que tamén asumiu o Concello polo que destiña a este concepto 1,4 millóns de euros. Polo tanto, dixo, o Goberno municipal "volve suplir a política antisocial de Feijóo".

Tamén se referiu á retirada da teleasistencia, competencia da Xunta, que deixa a 600 usuarios en Vigo sen este servizo.
Descargar todas as imaxes