Os participantes en carreiras populares pasaron de 4.000 a 10.000 nos últimos 5 anos
O atletismo popular en Vigo pasou de 4.000 participantes en 2008 a máis de 10.000 este ano, tal e como relatou hoxe martes o rexedor, un día no que se entregan os premios do Circuíto de Carreiras Populares 2012. Caballero destacou que a media maratón de Vigo prevista para o mes de maio xa está homologada e avanzou a posibilidade de que Vigo conte nun futuro cunha maratón.
Máis de 10.000 atletas participaron ao longo de 2012 no Circuíto Carreiras Populares 2012 que engloba 9 probas desenvolvidas en Vigo durante o ano pasado. Tal e como avanzou o rexedor, o Auditorio Municipal acollerá esta tarde a entrega de trofeos, na que se recoñecerá na máxima categoría a José Ramón Ramallo e a María Jesús Gestido, ademais de galardonar ao Comesaña Sporting Club como a mellor entidade desta liga de carreiras.
Caballero dixo que a media maratón de Vigo xa está homologada e avanzou que está en estudio a posibilidade de organizar unha maratón, aínda que esta proba require máis organización. Caballero puxo en valor a aposta municipal por estas probas de atletismo, destacando que a participación pasou de 4.000 deportistas en 2008 a 10.000 en 2012.