luns, 14 xaneiro 2013

O Concello encargará a artistas vigueses a elaboración dun poema para a celebración de Vigueses Distinguidos

luns, 14 xan 2013

O Concello encargará a un poeta ou poetisa de Vigo a elaboración dun poema con motivo da celebración do día da Reconquista. Así o avanzou hoxe luns o rexedor, logo dun encontro que mantivo esta mañá cos organizadores dos Vigueses Distinguidos, unha reunión na que se decidió incorporar esta iniciativa nesta e nas seguintes edicións desta celebración local.

Programación para o primeiro trimestre da Biblioteca Municipal Neira Vilas

luns, 14 xan 2013

A Biblioteca Municipal "Xosé Neira Vilas" presenta a súa programación de inverno, para o periodo xaneiro-marzo, que inclúe unha serie de actividades diversas, dirixidas a todos os públicos, e onde destacan algunhas xa habituais como "Os sabadiños do Roque", os talleres "Achégate a internet" ou "Achégate á arquitectura" , o "Obradoiro de escritura creativa", "A hora dos contos" , o "Clube de lectura" e os "Contos Dakí", que contará nesta ocasión coa presenza de Celso Fernández Sanmartín, Paula Carballeira e Avelino González. Destaca tamén a actividade "Entre arrolos e contiños", dirixida a nenas e nenos de 12 meses ata 3 anos e os seus acompañantes, o terceiro sábado de cada mes ás 12,00h.