Escoitar

O Concello acometerá este ano a segunda fase da humanización de Menéndez Pelayo

A primeira fase da reforma está prácticamente concluída e a segunda iniciarase e rematarase en 2013, segundo avanzou Abel Caballero. Nas humanizacións de Menéndez Pelayo e Doctor Marañón o Concello de Vigo inviste 3,3 millóns de euros.

luns, 14 xan 2013
1358167295humanizacion.JPG
Nunha visita realizada este luns, o alcalde de Vigo indicou que a reforma ten "gran importancia" por tratarse de dúas rúas "desatendidas, rotas" no centro da cidade, con canalizacións soterradas de servizos -como o auga, o saneamento, etcétera- en mal estado. O Concello reforma os 850 metros de lonxitude de ambos viais, prácticamente rematada na súa primeira etapa.

Abel Caballero adiantou que a segunda fase da mellora dará comezo e rematará ao longo deste 2013, no que acabará por converterse nunha das "grandes humanizacións da cidade" e pola que os veciños da zona transmiten "entusiasmo" aos responsables locais.

Segundo os datos ofrecidos polo rexedor, as dúas fases da reforma de Menéndez Pelayo contan con 2,5 millóns de orzamento e Doctor Marañón supera os 800.000 euros. As humanizacións inclúen a renovación dos servizos soterrados e a instalacións de decenas de árbores, nova iluminación de baixo consumo, bancos, papeleiras e zonas axardinadas.
Descargar todas as imaxes