Escoitar

Vigo contará cunha nova zona verde entre a Praza do Rei e a Panificadora

Os vigueses poderán disfrutar nuns días dunha nova zona verde situada entre a Praza do Rei e a Panificadora. Tal e como explicou Abel Caballero, as máquinas xa están a traballar no alisado do espazo.

luns, 14 xan 2013
1358167380alcalde.jpg
Abel Caballero anunciou esta mañá unha nova zona verde na cidade, situada na zona da Praza do Rei contigua á Panificadora. Tal e como explicou, nestes momentos, as máquinas están xa a traballar alisando o solo da zona para deixar espazo "digno para o disfrute cidadán". Esta area correspóndelle á concesionaria do aparcamento da Praza do Rei, empresa que amosou desde o primeiro momento a súa vontade de cooperación, tal e como avanzou o alcalde, quen recoñeceu á xestión á concelleira de Urbanismo e primeira tenente de alcalde, Carmela Silva.
Descargar todas as imaxes