Escoitar

O Concello encargará a artistas vigueses a elaboración dun poema para a celebración de Vigueses Distinguidos

O Concello encargará a un poeta ou poetisa de Vigo a elaboración dun poema con motivo da celebración do día da Reconquista. Así o avanzou hoxe luns o rexedor, logo dun encontro que mantivo esta mañá cos organizadores dos Vigueses Distinguidos, unha reunión na que se decidió incorporar esta iniciativa nesta e nas seguintes edicións desta celebración local.

luns, 14 xan 2013
1358167331distinguidos.JPG
Abel Caballero explicou que a celebración dos Vigueses Distinguidos e do día da Reconquista manterase o 27 e 28 de marzo, respectivamente, aínda que o festivo pase para o día 1 de abril, por coincidir coa Semana Santa. Durante unha comparecencia cos medios de comunicación, o acalde eloxiou a proposta que recibiu dos organizadores dos Vigueses Distinguidos, quen nunha reunión mantida hoxe lle prantexaron a posibilidade de encargar un poema a un escritor vigués para a celebración desta efeméride. O alcalde explicou que o Concello recibe esta proposta co "máximo entusiasmo", engadindo que Vigo ten moitos poetas e poetisas de grande nivel e avanzou que durante o ano, se encargará a música que acompañe a ese poema que se estreará an ono seguinte. O obxectivo, dixo, é que facer acopio de poesía e música inéditas sobre Vigo, incoporando ao acervo cultural de Vigo todas obras que se estrenen cada edición desta festividade.
Descargar todas as imaxes