Escoitar

A Concellería de Cultura e Festas colabora no concerto de MALÚ

A Concellería de Cultura e Festas colabora na realización do concerto que a artista MALÚ ofrecerá no auditorio "Mar de Vigo" o sábado 2 de febreiro, ás 21,30h, e que está producido e organizado pola empresa Categórica Producións.

luns, 14 xan 2013
1357905672malu.jpg
Malú é unha das artistas españolas de pop máis recoñecidas do noso país, comezou a súa carreira artística en 1998 cando apenas tiña 16 anos e desde entón non parou de conquerir éxitos. No ano 2012, Malú foi un dos catro "coachs" de La Voz, programa de Telecinco baseado no formato holandés The Voice, que trala súa estrea superou todas as expectativas.Tamén en novembro pasado, Malú lanzou o seu novo traballo discográfico, unha recompilación de todos os duetos cantados en toda a súa carreira artística e novos temas inéditos cantados tamén en formato dúo.


O seu anterior álbum, "Guerra Fría", lanzado en outubro de 2010, entrou directamente ao número 1 na lista de ventas e mantívose durante meses no top 10, sendo ata o momento disco de platino, ao igual que o single "Blanco y negro", cualificado como platino por PROMUSICAE e dúas veces número 1 en listas dos 40 Principais.Unha carreira sólida de 15 anos, 8 álbums inéditos, 2 directos e 1 recompilatorio ao que suma este novo álbum.


As entradas poden adquirirse a través do servizo de Servinova dende 35 €.
Descargar todas as imaxes