Ángeles Jorreto e Xan Vieito levan a súa colorida obra pictórica aos espazos da Alcaldía
As instalacións da Alcaldía do Concello de Vigo cumpren cinco anos acollendo o arte de artistas de ou directamente vencellados á cidade. Hoxe martes tivo lugar a inauguración dunha nova edición de Mostrarte na Alcaldía, con obras dun home e dunha muller que se expresan a través da cor, da figuración e da abstracción.