O Concello inicia a plantación de cen árbores en Coia coa participación de 300 escolares do barrio
Abel Caballero visitou este martes os traballos levados adiante por técnicos e máis de 300 alumnos e alumnas do Pintor Laxeiro, Escultor Acuña, Don Bosco e Illas Cíes. A replantación da Avenida de Castelao comeza de Praza América á rotonda do Alcampo, con 100 exemplares de 17 especies distintas.
A inspección técnica realizada nas árbores da Avenida de Castelao e do seu entorno revelou un importante risco en 127 exemplares, que comezan xa a ser repostos con 100 novas árbores, só nesta primeira fase. Caballero apuntou que a taxa de reposición será de tres novas por cada unha retirada.
Segundo puido comprobar o alcalde, acompañado por distintos membros do seu equipo de goberno, o deseño de plantación establécese en pequenos bosques que reflicten a idiosincrasia das comunidades arbóreas presentes en Galicia. Así, o Concello instala bosques riparios (de ribeira), de montaña e de ultramar. As 100 novas árbores pertencen por tanto a 17 especies, polas 3 existentes anteriormente.
Máis de 300 alumnos e alumnas, de entre 8 e 11 anos de idade, de catro colexios do barrio, e xunto á Asociación de Veciños do Torreiro, participaron na plantación, acompañados e baixo a supervisión de técnicos. Ao longo da Avenida, o goberno local instala paneis informativos coas novas especies e imaxes antigas de Coia. O alcalde fixo entrega ao alumnado participante dun pequeno camelio, como recordo da xornada.
Descargar todas as imaxes