Educación construirá en Vigo 4 novos centros escolares<br />

mércores, 14 mai 2008

O Delegado Provincial da Consellaría de Educación, José Armando Cristobal, confirmou este mércores ao alcalde, Abel Caballero, que se construirá un novo centro para o colexio Virxe do Rocío, na parte baixa da estrada e cun investimento de 1,8 millóns de euros. Ademáis, a Consellaría edificará novos centros para o CEIP Altamar, o CEIP Vicente Risco e o Colexio Caixanova, na finca de San Roque.

Xesus López salienta a importancia de coñecer o patrimonio galego na inauguración da mostra "O Vieiro da Franqueira"

martes, 13 mai 2008

O concelleiro de Cultura, Xesus López, salientou este martes a importancia de coñecer o patrimonio e o paisaxe galegos durante o acto de inauguración da mostra "O Vieiro da Franqueira", que pode visitarse no Verbum dende hoxe e ata o vindeiro 25 de maio. A exposición mostra as bondades dun camiño de 42 kilómetros que comeza na galla do camiño, en Soutomaior e Redondela, e que tras pasar polos concellos de Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario, Covelo e Ponteareas, remata no santuario da Franqueira.

O alcalde presencia un contacontos en inglés con 25 escolares

martes, 13 mai 2008

Os alumnos de 5º de primaria do CEIP Pintor Laxeiro presenciaron xunto ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, un dos 75 Contacontos en inglés que se están a levar a cabo en 32 centros da cidade. Esta actividade forma parte do programa "Vigo Activities", organizado pola Concellaría de Educación, que procura mellorar o nivel de inglés dos estudantes vigueses.

Concertos didácticos dos mestres da Fundación Sondeseu

venres, 9 mai 2008

Tradurbán é un espectáculo deseñado especialmente para o ciclo de concertos didácticos que terá lugar en diversos centros de ensino secundario da cidade de Vigo con motivo da celebración da semana das Letras Galegas en Maio de 2008 e que organiza a Concellería de Educación. O primeiro dos concertos terá lugar o luns, día 12 , no IES Politécnico, ás 12.30 horas e o que asistirá a concelleira de Educación, Laura López Atrio.

O alcalde visita a horta ecolóxica do Colexio Escultor Acuña

xoves, 8 mai 2008

Abel Caballero, da man das concelleiras de Parques e Xardíns, Raquel Díaz, e de Educación, Laura L. Atrio, coñeceu hoxe no Colexio Escultor Acuña o programa educativo municipal "Unha horta ecolóxica na escola", implantado nun total de catro centros de educación infantil e primaria. Este proxecto experimental procura transmitir os valores medioambientais aos máis pequenos mediante a construcción dunha horta.

Educación reforza a programación de actividades da lingua inglesa

martes, 6 mai 2008

34 centros de ensino público da cidade e case 4.000 escolares participan na iniciativa didáctica "VIGO ACTIVITIES" do Servizo Municipal de Educación que dirixe a concelleira Laura López Atrio. A proposta didáctica levase a cabo ata o mes de xuño e oferta unha programación específica que inclúe distintas actividades de promoción, reforzo e mellora da lingua inglesa.

O Goberno Local rubrica o seu compromiso coa educación universal dos países do sur

mércores, 23 abr 2008

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto coas concelleiras de Educación, Laura López, e Benestar Social, María Méndez, colocaron e asinaron a última peza do puzzle xigante, simbolo do compromiso municipal coa educación dos países empobrecidos. Preto de 400 escolares de Vigo e comarca participaron na composición da Campaña "Pon a túa Peza, Todas Contan", organizada por mor da Semana de Acción Mundial pola Educación.

400 escolares montarán un puzzle xigante a prol dunha educación de calidade para todos

martes, 22 abr 2008

A Praza do Rei acollerá este mércores a Campaña "Pon a Túa Peza, Todas Contan", na que 400 alumnos de Vigo e alrededores elaborarán un puzzle xigante por mor da Semana de Acción Mundial pola Educación. O obxectivo é a mellora da educación e que ningún neno careza da mesma no ano 2015. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, colocará a última peza como símbolo do compromiso do Concello.