O Concello investirá 500.000 euros en axudas ao alumnado vigués da Universidade
O alcalde, Abel Caballero, anunciou este xoves un acordo co reitor, Salustiano Mato, para revertir na Universidade o pago do Imposto de Bens Inmobles (IBI), medio millón de euros que o Concello vai adicar a axudas ao alumnado da institución que estea censado en Vigo.
O alcalde explicou que os aproximadamente 500.000 euros que percibe o Concello en concepto de IBI da Universidade será adicado polo goberno local a axudas ao alumnado "que o precise" do campus vigués, por exemplo, en materia de comedor ou transporte.
Así o manifestou Caballero despois dunha entrevista mantida na mañá deste xoves co reitor, reunión na que tamén se acordou a cesión por parte do Concello de Vigo dun aula no centro urbano para que a Universidade poida prestar ensino de idiomas aos universitarios. "Vamos a seguir coa nosa política de que todo o mundo nesta cidade fale inglés", asegurou o alcalde, quen apuntou que a próxima semana decidirase a ubicación desta sede, para a que o goberno local baralla dúas opcións.
O rexedor puxo de manifesto a "cooperación do goberno municipal coa Universidade", definida por Caballero como un "elemento diferencia e de dinamización" para Vigo. O alcalde recordou o "apoio de Vigo a todo o ensino", neste caso universitario, pero tamén coas bolsas de libros, comedor e inglés concedidas aos estudantes de primaria e secundaria, ademais das dúas novas escolas infantís abertas recentemente polo Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes