Escoitar

Caballero e Pastor acordan "sumar forzas" para conseguir que Vigo sexa porto principal en Europa

O alcalde de Vigo e a ministra de Fomento conversaron hoxe mércores e acordaron "ir coordinados" na estratexia para conseguir que o Porto de Vigo sexa considerado nodal en Europa. Caballero e Pastor compartiron a información sobre as xestións realizadas en Europa.

mércores, 16 xan 2013
1358341414alcalde4.jpg
O alcalde valorou de "moi interesante" a "longa conversa" mantida hoxe mércores coa ministra de Fomento, Ana Pastor, dirixida a "sumar forzas" e a "coordinar" esforzos entre as partes co obxectivo de que o Porto de Vigo sexa definido como principal no mapa transeuropeo de transportes.

Ante os medios de comunicación, Abel Caballero indicou que a ministra é coñecedora das xestións realizadas polo socialista cos 27 eurodeputados españois do seu grupo, que garanten a presentación dunha enmenda a votar no Pleno do Parlamento Europeo.

Antes do debate parlamentario, o obxectivo do goberno de Vigo e do Ministerio de Fomento pasa por "convencer" aos responsables da Comisión, o Consello e o Parlamento continentais da inclusión do porto vigues como nodal, nunha reunión previa que manterán as tres institucións. Esta opción sería a "mellor", segundo apuntou Caballero, pois evitaría a votación dunha enmenda, e nesta dirección van encamiñadas as xestións españolas, para que a Comisión "se sensibilice sobre a importancia do Porto de Vigo" como terminal principal en Europa.
Descargar todas as imaxes