Presentación do libro "Évame" de Carlos Oroza
A Editorial Elvira presenta o libro ÉVAME de Carlos Oroza, no acto estarán presentes os poetas Pere Gimferrer e Xosé L. Méndez Ferrín. O 17 de xaneiro no Centro Social Novacaixagalicia, <br /> rúa Policarpo Sanz, 24, de Vigo, ás 20,30 h
A Editorial Elvira nace a principios do ano 2012, na cidade de Vigo, co propósito de continuar a tradición que une literatura e artes plásticas, volvendo ás orixes que deron lugar ao "libro obxecto" nos anos vinte. Sobre este ideal crea o que será o seu buque insignia, a "Colección detrás do Marco", que consta tanto de textos poéticos como de relatos curtos, con edicións limitadas que non superan os 300 exemplares, realizados na súa totalidade de forma artesanal mediante medios serigráficos, numeradas e asinadas polo escritor e o artista.
Agora, un ano despois e sen abandonar o espírito e os ideais que se manteñen na "Colección Detrás do Marco", Editorial Elvira abre unha nova vía editorial, con edicións de maior tirada, pero nas que perdura á súa vez o propósito inicial de crear un libro que adquira valor non só polo seu contido, senón polo seu continente, a súa materialidade, a súa unión entre o texto e a imaxe, e faio cunha obra que seguramente terminará converténdose en referencia dentro do panorama poético español, Évame, de Carlos Oroza. O poeta, Pere Gimferrer, prologa esta xoia bibliográfica.
Descargar todas as imaxes