O Concello inicia a substitución de 7.500 puntos de luz para gañar eficiencia enerxética
O Boletin Oficial da Provincia publicou este mércores a aprobación definitiva da nova ordenanza de iluminación exterior promulgada polo goberno local, que establece a instalación de LEDS e luces de vapor de sodio. O Concello investirá 2 millóns en dez anos no cambio e aforrará 150.000 euros anuais.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este mércores da publicación no BOP desta nova norma municipal, aprobada polo Pleno da Corporación no pasado mes de setembro.
Unha vez recollido no BOP, o texto "xa é efectivo", segundo indicou Caballero, polo que "entramos no proceso de renovación de 7.500 luminarias en todo Vigo", iniciándoo polas parroquias da cidade para posteriormente continaur a substitución de 5.000 lámpadas no casco urbano.
O rexedor informou que o cambio consistirá en remplazas "os vellos sistemas de mercurio" por vapor de sodio e LEDS -algunhas humanizacións xa inclúen os novos métodos de iluminación-, cun coste de 200.000 euros cada ano ao longo de dez exercicios e un aforro estimado en 150.000 euros anuais: "é moi viable e ten un efecto medioambiental notable", asegurou Caballero.