O Concello coopera para que os automovilistas de Vigo leven a Folla de rescate, unha ferramenta para o salvamento nos accidentes
Abel Caballero presenciou hoxe mércores un simulacro de excarcelación dun vehículo no que participaron Bombeiros de Vigo, Policía Local e Protección Civil. En cooperación coa Fundación Racc, o alcalde presentou a Folla de rescate, unha ficha colocada nun dos parasois do vehículo na que se detallan as caraterísticas do coche, recollendo información fundamental para proceder a un rescate en caso de accidente.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, achegouse hoxe mércores ao Parque de Bombeiros de Teis para presenciar un simulacro dunha excarcelación dun vehículo siniestrado. En compañía do xerente de programas da Fundación Racc, Xavier Ruestes e a delegada da fundación en Galicia e Asturias, Lucía Serantes, Caballero puxo en valor as actividades do Real Automóvil Club de Cataluña poñendo en marcha iniciativas de seguridade vial como a Folla de rescate "porque aprendemos da súa experiencia e facemos prantexamentos conxuntos". Tal e como explicou, trátase dunha ficha que os coches deben levar nun dos parasois, cunha pequena pegatina que advirte da existencia dunha folla que recolle as características técnicas de xeito que se poidan facilitar as excarcelacións. Para os equipos técnicos, esa información é moi valiosa e a ficha pode descargarse da web da Fundación, destacou.
Pola súa banda, o Xavier Ruestes destacou que para a Fundación é un "orgullo" poder facer campañas en Vigo "porque é unha cidade moi comprometida coa seguidade vial e destacou esta iniciativa como unha proposta que permite reducir en centenares as vítimas en accidentes de tráfico en España, onde uns 300.000 automovilistas xa dispoñen da súa Folla de rescate. Explicou que esta idea xurdiu en Alemania e xa se leva a cabo en Austria e Suiza, ademais de no noso país.
Descargar todas as imaxes