Escoitar

As piscinas municipais ofertan prazas para 17.500 usuarios e estrean novas tarifas para abonados

O alcalde presentou hoxe xoves a nova programación de actividades – "AugaéSaúde" - nas 4 piscinas municipais, que estrean a figura do aboado para maiores de 16 años. Esta nova figura terá un prezo mensual de 11,25 euros na tarifa xeral para empadroados (15 para o resto) e de 7,5 euros para pensionistas empadroados e de 10 euros para o resto de usuarios.

xoves, 17 xan 2013
1358427409piscina.JPG
As piscinas municipais de As Travesas, Lavadores, Teis e Valadares ofrecerán desde hoxe un novo sistema de abono para maiores de 16 anos. Esta nova modalidade de abonado permite acceso ilimitado ás instalacións, un 20% de desconto en actividades propias do titular, un 20% de desconto para actividades dos beneficiarios (menores de 16 anos), acceso libre ata con 5 acompañantes menores e prioridade nas inscripcións e lista de espera nas actividades. Tal e como relatou durante unha visita á piscina do Carme, os prezos serán de 11,25 euros na tarifa xeral e para empadroados en Vigo (15 euros para os non residentes) e de 7,70 euros para pensionistas, neste caso, 10 euros para non residentes. Ademáis, precisou, mantéñense os sistemas de acceso que existían ata o de agora: a tarxeta de 20 bonos válidos durante 6 meses e o acceso libre previo pago da entrada.

Respecto da oferta deportiva, hai 147 prazas ao mes para bebés, 3.400 prazas para clases de natación escolar; 3.800 prazas para natación infantil; 3.100 para adultos e, finalmente, 60 para natación especial. En total, apuntou, hai 7.500 prazas para aboados, dado que As Travesas ten un aforo de 3.000, mentres que as outras tres, de 1.5000 prazas cada unha. A estas 7.500 prazas con tarxeta hai que sumar outras 10.000 prazas adicionais de cursos. En total, dixo, hai oferta para 17.500 usuarios. Rematou o rexedor lembrando que estas catro instalacións deportivas recibiron 600.000 usos, ou o que é o mesmo, cada vigués foi un promedio de dúas veces ao mes durante o ano pasado.
Descargar todas as imaxes