martes, 8 abr 2008
O Forum Orienta 2008, que se celebrará no Instituto Ferial de Vigo (IFEVI) do 8 ao 13 de abril, reserva un espazo destacado para as ensinanzas universitarias que ofertan as tres institucións galegas. Neste senso, este evento contará con diferentes stands especializados co obxectivo de ofrecer a información máis detallada sobre as posibilidades destes estudos así como das principais novidades que veñen da man da adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior.
martes, 1 abr 2008
O Auditorio Municipal acollerá os días 2,3 e 4 de abril, o espectáculo didáctico-musical "Nuestras Músicas", especialmente creado para escolares do 3º Ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato polo Grupo de Zaragoza "New Titanic Arkestra". O espectáculo forma parte da colaboración do Servizo de Educación do Concello de Vigo e a Obra Social e Cultural de Ibercaja.
luns, 31 mar 2008
A Xunta de Goberno ven de aprobar o gasto que da lugar ao convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos, que supón un custe de 215.569,44 euros. Esta subvención está destinada, entre outros aspectos, á realización de actividades extraescolares e comedores das ANPA de ensino infantil e primario público.
martes, 25 mar 2008
A concelleira de Educación, Laura López Atrio, ven de presentar as unidades didácticas editadas polo seu departamento municipal " Construíndo unha cidade" e "Xacementos arqueolóxicos" co fin de reforzar o coñecemento de Vigo coa axuda de materias informativos e gráficos.
martes, 25 mar 2008
A Escola Municipal de Teatro programa para o mércores día 26 os actos conmemorativos do Día Mundial do Teatro co lectura dun manifesto do director canadense Robert Lepage e varias representacións dos alumnos da escola. Os actos terán lugar ás 19 horas no auditorio Monte da Mina de Castrelos.
martes, 25 mar 2008
A iniciativa da Concellería que dirixe Laura López Atrio procura acadar unha "educación transversal", coa colaboración dos restantes departamentos municipais. O obxectivo pasa por crear "espazos educativos en cada distrito".
mércores, 12 mar 2008
Esta maña a Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, inauguraron a obra de reforma e ampliación da Escola de Educación Infantil Cristo da Victoria.
venres, 7 mar 2008
A mostra itinerante "Arte na Aula", organizada pola Concellaría de Educación do Concello de Vigo en colaboración co recoñecido artista vigués Mingos Teixeira, deu comezo este venres no Colexio Emilia Pardo Bazán. O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Educación, Laura López Atrio, inauguraron oficialmente o programa, que levará a obra de 26 artistas vigueses ás aulas de 12 colexios da cidade.
luns, 18 feb 2008
O Concello vén de editar un total de 6.000 exemplares dunha guía que recolle información sobre os centros públicos de Educación Infantil e Primaria de Vigo. O obxectivo desta medida é informar as familias que teñen nenos para axudarlles a valorar cal é o mellor centro para os cativos.
luns, 18 feb 2008
Froito da colaboración do Servizo de Educación do Concello de Vigo e a Obra Social e Cultural de Ibercaja, os vindeiros 20, 21 e 22 de febreiro, o Auditorio Municipal acollerá o espectáculo didáctico-teatral "Titirifauna", especialmente creado para escolares de educación infantil e primaria pola compañía de teatro de Valladolid "Calamar Teatro".