Escoitar

O goberno local oferta 458 prazas en educación infantil e Caballero avoga por "incrementar" a oferta

O alcalde visitou a escola infantil municipal de Santa Cristina polo inicio do curso ata os 3 anos, un dos seis centros xa en funcionamento. Caballero avanzou que Mestres Goldar sumará outras cen prazas próximamente e "en breve" comezarán as obras dunha nova escola infantil en Navia, prevista para 2015.

martes, 10 set 2013
1378812678guarde.JPG
Abel Caballero defendeu "incrementar" a oferta de prazas públicas para educación infantil pola "gran demanda existente". Para este curso, as 458 vacantes nos centros do Concello recibiron máis de mil solicitudes.

Segundo detallou, as seis escolas para nenos e nenas de cero a tres anos comezan o curso con 322 alumnos e alumnas admitidos neste momento e outras 136 prazas na quenda de tarde que se irán cubrindo paulatinamente. O Concello adica 1,3 millóns cada ano para subvencionar estes centros educativos e achega 63.000 euros para a "Galiña Azul" da Xunta de Galicia na rúa Palencia.

Abel Caballero explicou que o Concello de Vigo exime do total do pago da tarifa -sen incremento algún desde 2008- á metade do alumnado, un promedio de subvención do 86% do coste a cada alumno. O prezo máximo de pago nunha escola infantil do Concello ascende a 124 euros mensuais, a metade do tope das que oferta en Vigo a Xunta de Galicia.

A raiz da "gran demanda" de prazas en escolas infantís do Concello, o rexedor vigués explicou que o goberno que preside traballa para "incrementar" a oferta. A futura de Mestres Goldar abrirá próximamente cun centenar de vacantes e "en breve" darán comezo os traballos dun novo centro en Navia, coa previsión de entrada en funcionamento no curso do 2015. Por outra banda, o Concello de Vigo estuda ubicacións para construir unha nova escola.
Descargar todas as imaxes