O goberno local adica un millón de euros a melloras "en prácticamente todos os colexios de Vigo"
Abel Caballero visitou este martes os traballos de mellora do acceso ao CEIP Ramón y Cajal, en Marqués de Valterra, onde o Concello ampliará a zona de recreo infantil e habilitará unha nova escaleira e unha rampa de acceso para persoas con mobilidade reducida.
Os traballos de mellora que executa o goberno de Vigo no Ramón y Cajal son "unha antiga demanda", en verbas do alcalde, dos responsables e usuarios do centro educativo, obras cun orzamento de 50.000 euros que inclúen a ampliación "de forma notable" do patio de recreo para os máis pequenos.
Caballero recordou que está sendo redactado polo Concello o proxecto de humanización da rúa Marqués de Valterra, onde está situado o colexio no que o goberno local tamén está a realizar obras de adaptación á inspección técnica de edificios por valor doutros 25.000 euros.
Actualmente, segundo detallou o rexedor, o Concello executa traballlos de mellora na seguridade viaria nos accesos ao Paraixal, en Teis, a accesibilidade no centro García Barbón, e conclúe a construcción da escola infantil municipal de Mestres Goldar. Por outra banda, a administración local mellorou o acceso no Carballal e executará reformas nos accesos ao San Salvador de Teis e nas instalacións deportivas do Frian-Teis, todos estes investimentos por valor de 300.000 euros.
O alcalde tamén asegurou que este ano o Concello adica outros 712.000 euros para melloras "en prácticamente todos os colexios de Vigo", co que o investimento municipal en obras para a educación supera o millón de euros.
Descargar todas as imaxes