O Concello oferta 5.000 prazas en 26 modalidades deportivas para os escolares de Vigo
O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentaron este martes o Programa Municipal de Escolas Deportivas deste curso, un total de 5.000 prazas en 26 opcións deportivas distintas para os nados entre 1997 e 2007. A matrícula, cun prezo de 42,2 euros, ábrese mañá, 4 de setembro.
O Programa Municipal de Escolas Deportivas, organizado e coordinado polo Concello de Vigo e o IMD coa colaboración de 46 entidades, procura fomentar a práctica deportiva regular entre os máis novos.
Segundo detallou Caballero, entre os obxectivos desta iniciativa está a promoción da actividade deportiva entre a poboación en idade escolar, a educación en valores de cooperación e solidariedade e a potenciación das capacidades físico-deportiva dos rapaces e rapazas.
A proposta do Concello programa 26 modalidades deportivas a desenvolver nun total de 18 instalacións deportivas, cun investimento municipal de 289.000 euros. Como novidade este ano con respecto ao pasado, no que participaron 4.000 escolares, o Concello incorpora dúas novas instalacións deportivas -os pavillóns de Candeán e de Coruxo- e incrementa o número de prazas para natación sincronizada pola alta demanda rexistrada, pasando de 90 a 130 vacantes.
Os interesados poderán formalizar a matrícula desde mañá mércores, 4 de setembro, a un prezo por cada modalidade de 42,2 euros salvo a natación sincronizada -108,8 euros-. Quedan exentos do pago os alumnos/as de familias con ingresos brutos anuais per cápita inferiores a 3.827 euros, 5.987 euros no caso de familias numerosas.
Descargar todas as imaxes