O goberno local demanda á Xunta infraestruturas e medios materiais e humanos no ensino público vigués

luns, 27 set 2010

Os grupos municipais que conforman o goberno municipal aprobaron hoxe luns, a iniciativa socialista, sendas mocións educativas nas que se insta ao goberno autonómico a investir na reforma de centros escolares, comedores e na construcción de novos colexios, ademais de dotalos de recursos materiais e humanos para atender as necesidades do ensino público de Vigo.

O alcalde anuncia que a nova aula da UNED en Vigo impartirá clases presenciais de Dereito, Psicoloxía e Educación Social

venres, 24 set 2010

O goberno local aprobou hoxe venres a proposta de convenio á Universidade Nacional de Educación a Distancia para que a aula do Casco Vello acolla os cursos de acceso para maiores de 25 e 45 anos, clases presenciais das tres titulacións e o "proceso telemático e informático" preciso para estudar o resto de carreiras. A proposta axústase á Lei de Grandes Cidades e contempla a aportación municipal de 230.000 euros en 2011.

O alcalde asegura a apertura en Vigo dun aula da UNED con cursos de acceso e titulacións universitarias

venres, 17 set 2010

Á falta da comunicación oficial do Padroado da Universidade, Abel Caballero garantiu que o aula universitaria da UNED estará no Casco Vello este curso e impartirá tanto formación de acceso para maiores de 25 e 45 anos como algúns títulos universitarios por definir, atendendo ao número de vigueses que os cursen. O alcalde estima en 300.000 euros o investimento municipal na dotación e defendeu a solicitude de Vigo por adaptarse "ao dereito e á razón", pois sobre 3.500 vigueses estudan na UNED en Pontevedra.

O alcalde estima que 3.000 vigueses evitarán Pontevedra coa futura aula da UNED no Casco Vello de Vigo

luns, 13 set 2010

Abel Caballero informou este luns da solicitude cursada polo Concello ao padroado da UNED, e validada hoxe polo goberno local, para a creación dun aula de ensinanza superior da UNED en Vigo. O alcalde confía en que a xunta reitora da Universidade a Distancia valide a solicitude viguesa esta semana e o espazo poida funcionar este mesmo curso. O custo dun aula da UNED en Vigo ascende a uns 150.000 euros, sufragados unicamente polo Concello.

O alcalde afirma que o Concello investirá 63.000 euros en reformas e a ampliación do comedor do CEIP Canicouva

venres, 10 set 2010

Abel Caballero acudiu este venres ao CEIP Canicouva, en Castrelos, onde o Concello de Vigo vai executar distintas melloras no centro e ampliará nun 50% a superficie do actual comedor escolar. O alcalde eloxiou a ensinanza pública e aos profesionais da mesma e reiterou o seu compromiso de conceder todas as axudas de comedor que sexan precisas, sen límite orzamentario.

Caballero garante que as bolsas municipais para estudar inglés no Reino Unido superarán o próximo curso as 350 deste ano

venres, 10 set 2010

O alcalde informou hoxe venres da saída do segundo grupo do total de 250 alumnos de centros escolares vigueses cara ao Reino Unido, onde estudarán inglés cunha beca do Concello durante tres semanas. Caballero explicou que o próximo curso a cifra superará os 350 -a Escola de Idiomas leva 100 bolsas do Concello- porque "queremos que as nenas e nenos de Vigo estuden inglés en Inglaterra".

O alcalde despide aos primeiros 50 alumnos becados polo Concello para estudar inglés no Reino Unido

xoves, 9 set 2010

Abel Caballero asistiu á despedida dos rapaces que partiron en bus as 06:30 desta mañá desde a Praza do Rei ata Porto, para viaxar desde alí ao Reino Unido. De acordo co programa de inmersión lingüística, PILIVIGO 2010, da Concellería de Educación, os alumnos estarán durante 3 semanas en dez localidades inglesas. Nos próximos días marcharán os 200 que faltan en grupos de 50 e acompañados en todo momento polos seus monitores.