Caballero anuncia que o Concello asumirá o recorte autonómico do 25% en bolsas de libros
O alcalde anunciou este mércores que o goberno de Vigo asumirá na cidade o recorte do 25% nas axudas para libros escolares que acaba de presentar a Xunta de Galicia nos seus orzamentos para 2014. Tanto en libros como en comedor, Caballero recordou que ningún escolar que cumpra cos requisitos quedará sen bolsa.
Abel Caballero censurou este "novo capítulo de ausencia de bolsas" escolares por parte da Xunta de Galicia, un recorte que sufragará en Vigo o Concello para que ningún escolar que cumpra cos requisitos estipulados se quede sen a súa achega para libros e comedor.
"Non deixaremos que ninguén quede sen a súa bolsa", asegurou o alcalde, quen estimou en "miles de nenos e nenas" os afectados pola rebaixa do 25% da partida orzamentaria da Xunta para axudas a libros escolares en 2014.
Caballero recordou que o Concello de Vigo adica este ano 1.656.000 euros para conceder 4.996 bolsas de libros e de comedor escolar, partida económica que incrementa nun 18% -330.00 euros- o adicado no pasado ano.
Descargar todas as imaxes