O goberno de Vigo cofinancia os gastos de mantemento da sede dos Amigos do Rocío en Vigo
Responsables da Asociación Galega de Amigos do Rocío en Vigo e o alcalde da cidade, Abel Caballero, rubricaron este martes o acordo polo que o Concello achega 3.800 euros á entidade para os gastos de mantemento do local no que desenvolven as súas actividades, sito na rúa Colombia.