Escoitar

As intensas choivas provocaron en Vigo 49 actuacións de Policía Local e Bombeiros

O alcalde fixo balance do temporal de choivas que asolou a cidade nas últimas horas e que requieriu 33 actuacións da Policía Local e 16 dos Bombeiros. Arbores caídas, contenedores trasladados e tapas de alcantarilla levantadas foron as incidencias máis reseñables, segundo explicou hoxe o rexedor.

martes, 22 out 2013
"O temporal foi severo pero a cidade comportouse moi ben", así resumía o rexedor as principais incidencias das fortes choivas rexistradas en Vigo nas últimas horas. Segundo relatou o alcalde en rolda de prensa, requeríronse 49 intervencións das forzas de seguridade, das que 33 foron da Policía Local e 16 dos bombeiros. As principais consecuencias foron árbores e ramas caídas sobre a calzada, algunhas quedaron en risco de caída e serán cortadas de xeito inmediato. Trasladáronse contenedores, vallas e cables no chan, tapas de alcantarillas fora de sitio pola presión da choiva e balsas de auga que, nalgúns sitios como Balaídos apenas durou un par de horas, mentres que en Julián Estévez se que chegou a formarse unha pequena inundación.

Respecto da corrente eléctrica, puntualizou, houbo un corte de segundos e "inmediatamente"se restableceu o subministro pero o sistema eléctrico de do estadio de Balaídos é de lámparas quente que non se reinician ata que se enfrían, polo que o período sen luz chegou aos dez minutos.