Volotea retoma as súas operacións en Vigo con voos a Valencia, Ibiza e Palma
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o responsables de Relacións Institucionais da baixo coste, Alfons Claver, presentaron este martes a implantación de Volotea en Peinador. Ofrecerá 18.250 prazas en Vigo en 2014, tras transportar 10.164 pasaxeiros en 2012. Os voos parten a un prezo de saída de 19,99 e 39,99 euros, taxas incluídas.
Volotea, a low-cost das medianas e pequenas cidades de Europa, retornará a Vigo en 2014, con voos regulares a Valencia, Ibiza e Palma de Mallorca, tras estar presente en Peinador durante o verán de 2012.
As operacións iniciaranse graduadamente a partir do 2 de xuño, cos primeiros voos operando do seguinte modo: o voo a Valencia a partir do 2 de xuño, dúas veces por semana, todos os luns e xoves; o voo a Ibiza a partir do 20 de xuño, dúas veces por semana (en luns e venres ata o 14 de xullo, e en martes e venres a partir do 18 de xullo); e o voo a Palma de Mallorca a partir do 23 de xuño, dúas veces por semana todos os luns e xoves.
MÁIS DE 18.000 PRAZAS EN OFERTA
Con esta primeira carga, Volotea ofrecerá un mínimo de 18.250 prazas en Vigo durante a tempada de verán de 2014, cun total de 146 voos en operación: 44 voos a Palma, 46 a Ibiza e 56 a Valencia. Na súa anterior tempada en Vigo (verán de 2012), Volotea transportou un total de 10.164 pasaxeiros, dos cales 4.940 a Ibiza e 5.224 a Sevilla.
Alfons Claver declarou que "cáusanos unha fonda satisfacción volver operar en Vigo, unha cidade onde Volotea obtivo unha gran recepción na súa primeira tempada, durante o verán de 2012. Se naquel entón ofrecemos dous destinos, Sevilla e Ibiza, esta vez ampliamos o abano a tres: dous nas illas Baleares e un en Levante. Esperamos que esta nova oportunidade de viaxar con voos directos e económicos teña a mesma grande acollida que en 2012 tiveron os voos a Sevilla e Ibiza".
Abel Caballero, pola súa banda, indicou que "o aeroporto e a súa recuperación é unha cuestión estratéxica. Non se concibe Vigo sen o seu aeroporto en pleno funcionamento. Contactamos con Volotea, que deixou en Vigo a sensación de ser unha compañía de gran calidade e competitiva nos prezos, e hoxe presentamos o inicio da operatividade da compañía no aeroporto de Vigo. Desexo que teña continuidade durante décadas". Concluíu o alcalde que "Valencia, Palma e Ibiza son rutas comerciais e turísticas coas que iniciamos unha acción a longo prazo. O conselleiro delegado de Volotea mostroume a aposta decidida da empresa por este aeroporto"
Descargar todas as imaxes