9º Certame de curtametraxe,documentais e animación "SECUENCIA CERO" no Auditorio Municipal do Concello
A Concellería de Cultura e Festas colabora no 9º Certame de curtametraxe, documentais e animación SECUENCIA CERO, que se desenvolverá os días 24, 25 e 26 de outubro, no auditorio municipal do Concello (praza do Rei, 1).As proxeccións comezarán todos os días ás 19:00 h; a entrada diaria ten un prezo de 1 €, no despacho de billetes do auditorio.