Caballero garante que as bolsas municipais para estudar inglés no Reino Unido superarán o próximo curso as 350 deste ano

venres, 10 set 2010

O alcalde informou hoxe venres da saída do segundo grupo do total de 250 alumnos de centros escolares vigueses cara ao Reino Unido, onde estudarán inglés cunha beca do Concello durante tres semanas. Caballero explicou que o próximo curso a cifra superará os 350 -a Escola de Idiomas leva 100 bolsas do Concello- porque "queremos que as nenas e nenos de Vigo estuden inglés en Inglaterra".

O alcalde despide aos primeiros 50 alumnos becados polo Concello para estudar inglés no Reino Unido

xoves, 9 set 2010

Abel Caballero asistiu á despedida dos rapaces que partiron en bus as 06:30 desta mañá desde a Praza do Rei ata Porto, para viaxar desde alí ao Reino Unido. De acordo co programa de inmersión lingüística, PILIVIGO 2010, da Concellería de Educación, os alumnos estarán durante 3 semanas en dez localidades inglesas. Nos próximos días marcharán os 200 que faltan en grupos de 50 e acompañados en todo momento polos seus monitores.

O alcalde anuncia tres novas garderías municipais para xaneiro que crearán 260 prazas máis

martes, 7 set 2010

Nunha visita á escola infantil de Atalaia, en Teis, o alcalde anunciou que en xaneiro rematarán os traballos nas tres novas garderías municipais en marcha, por valor de case un millón de euros, e que ampliarán en 260 prazas a oferta do Concello na cidade. "En xaneiro duplicaremos as prazas de garderías", indicou Caballero, quen avanzou que o incremento terá continuidade cun novo plan para 2011.

O alcalde asegura que estase a investir máis de 400.000 euros en reformar 13 centros educativos da cidade

mércores, 1 set 2010

Abel Caballero visitou hoxe mércores os traballos de ampliación do comedor escolar do Escultor Acuña, prácticamente rematados, e un dos 13 colexios que será reformado cos preto de 500.000 euros que destina o Concello para "melloras nos centros de ensinanza pública". O alcalde defendeu estas accións para poder así dar cobertura física a toda a demanda de bolsas de comedor que concede o goberno local, "máis de mil", cifrou Caballero.

Abel Caballero mantén a man tendida á Consellería de Educación

mércores, 25 ago 2010

O alcalde vigués asegura que polo de agora non está fixada a data para a reunión co conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, pero que a situación é "amigable" e se está tratando de buscar unha data para o encontro. Caballero avanzou que está "a disposición" do conselleiro e mostrouse aberto a celebrar a reunión "aquí ou en Santiago"

Vigo acollerá en outubro un congreso estatal sobre ensino que reunirá a 700 persoas

xoves, 5 ago 2010

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibíu hoxe xoves ao presidente da Federación Autonómica de Ensino Privado, Joaquín Pereira, entidade que engloba os colexios concertados, para dialogar sobre o "gran congreso" que acollerá Vigo do 28 de outubro ao 1 de novembro, no que daranse cita sobre 700 profesionais do ensino. Caballero indicou que "con toda probabilidade" asistirá o ministro de Educación.

Poderá facerse a través de internet no mes de agosto

A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo abre o prazo de preinscrición para o curso 2010-2011

xoves, 29 xul 2010

A Escola vén de realizar a convocatoria de preinscrición para alumnado de novo ingreso no curso 2010-2011. Iniciarase o prazo o vindeiro día 31 de xullo ata o 15 de setembro exclusivamente a través de internet, accedendo ao formulario de solicitude on line colgado da páxina web do Concello de Vigo www.vigo.org. Ofértanse 365 prazas de novo ingreso, en cursos de mañá e tarde.