O alcalde anuncia para setembro o traslado da UNED de Vigo a un novo edificio "referencial"
Caballero avanzou este luns que a sede viguesa da Universidad Nacional de Educación a Distancia mudará a un "gran edificio" a partir do novo curso, un "lugar referencial" que non desvelou para acoller as cinco novas titulacións aprobadas para Vigo e con capacidade para ampliar a oferta formativa. O Concello, cun orzamento de 200.000 euros, asume a totalidade do custo da UNED viguesa.

Abel Caballero anunciou que "un gran edificio" albergará desde setembro a UNED de Vigo, un "lugar referencial" onde se impartirá as clases de acceso á Universidade e as cinco titulacións solicitadas pola cidade e recentemente aprobadas: Dereito, Enxeñería en Tecnoloxías da Información, Enxeñería Informática, Turismo e Educación Social.
O alcalde, quen confiou nunha pronta tramitación para que as cinco materias poidan comezar a impartirse en setembro, recordou que o goberno local reserva 200.000 euros no orzamento para asumir a totalidade dos gastos da sede viguesa e adiantou que a intención da cidade é acoller "nun prazo breve de tempo" todas as titulacións que oferta a nomeada Universidade.
Caballero valorou como "un avance moi importante, de especial relevancia nesta cidade" a decisión do padroado de aprobar a impartición en Vigo de cinco carreiras desde o próximo curso, unha "demanda histórica" na primeira urbe galega.
Descargar todas as imaxes