O alcalde anuncia para setembro o traslado da UNED de Vigo a un novo edificio "referencial"
Caballero avanzou este luns que a sede viguesa da Universidad Nacional de Educación a Distancia mudará a un "gran edificio" a partir do novo curso, un "lugar referencial" que non desvelou para acoller as cinco novas titulacións aprobadas para Vigo e con capacidade para ampliar a oferta formativa. O Concello, cun orzamento de 200.000 euros, asume a totalidade do custo da UNED viguesa.