xoves, 8 mai 2014
O alcalde de Vigo e vicepresidente da FEMP participa este xoves na reunión da Comisión Nacional de Administración Local, presidida polo ministro de Facenda, Cristóbal Montoro. Entre outras cuestións, os municipios plantean que os investimentos a cargo do superávit de 2013 non computen como déficit este ano ou poidan ser executados ao longo de 2014 e 2015.
xoves, 8 mai 2014
O 18 de novembro, a Selección Española disputará un encontro con Alemaña no estadio vigués e o alcalde quixo felicitar a Carlos Mouriño, presidente do Celta, por ser o artífice de que o conxunto de Del Bosque celebre un amistoso contra o equipo xermano. En verbas de Caballero, "é un recoñecemento a todo o fútbol vigués".
xoves, 8 mai 2014
O alcalde animou na mañá deste xoves á participación na Media Maratón que percorrerá as principais rúas da cidade, o día 11 de maio.
xoves, 8 mai 2014
A tenente de alcalde animou a toda a sociedade a felicitarse por formar parte desa "gran Europa", cando se cumpren 64 anos da proposta de Robert Schuman. Nun momento no que o proxecto europeo "parece estar cuestionado por parte da cidadanía", Silva inistiu na necesidade de abogar por máis políticas sociais.
xoves, 8 mai 2014
A tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, mantivo este xoves unha charla con 40 estudantes da facultade de Socioloxía da Universidade de Coruña para trasladarlles información do Vigo do presente e futuro en materia urbanística. Os alumnos visitan Vigo para estudar a cidade e as súas posibilidades.
xoves, 8 mai 2014
A tenente de alcalde, Carmela Silva, presentou hoxe xoves esta actividade folclórica-popular, que consiste nunha roda formada por entre 20 e 40 percusionistas e bailaríns. A cita será á altura da estatua de Julio Verne, en Montero Ríos, este sábado desde as 18 ás 22 horas.