Escoitar

As pistas de Balaídos acollerán as 5 probas das Series Municipais de Atletismo

O Concello de Vigo coopera, un ano máis, coa organización das Series municipais de Atletismo, que se veñen desenvolvendo dende o ano 1983 na nosa cidade. As pistas de Balaídos acollerán un total de 5 probas esta tempada de verán de diferentes modalidades e categorías.

mércores, 7 mai 2014
1399464249manel.JPG
O concelleiro de deportes Manel Fernández, presentou esta mañá as Series Municipais de Atletismo, que un ano máis, e dende o ano 1983, se veñen celebrando na cidade olívica grazas ás achegas do Concello de Vigo, en colaboración cos clubs de atletismo da cidade, e a delegación viguesa da Federación Galega de Atletismo. Serán un total de 5 probas, a primeira delas terá lugar hoxe, 7 de maio, e as seguintes celebraranse o días 21 de maio, 11 e 25 de xuño e 9 de xullo.

Estas series, que naceron para promoción do atletismo, e para dar cabida a atletas que non tiñan oportunidade de competir a alto nivel, veñen de converterse nunhas probas de referencia para o resto de Galicia e norte de Portugal. Agárdase que máis de 700 deportistas, das distintas categorías e modalidades participen das series municipais, que terán unha duración estimada de dúas horas e media, e que comprenden carreiras dende os 60 metros ata 60 metros valla, e outras modalidades como salto de altura ou lanzamento de martillo.

Manel Fernández reiterou o compromiso e apoio ao atletismo por parte do Concello de Vigo, algo que valoran positivamente os atletas e clubes, xa que en palabras de Javier Álvarez Salgado, delegado da F.G.A, "hay poucos sitios en Galicia onde se podan facer probas deste tipo, xa que os clubes non teñen medios económicos".
Descargar todas as imaxes