Vigo volverá desafiar á gravidade os días 8, 9 e 10 de agosto, coa XIV edición de O Marisquiño
A explanada do Náutico será o escenario dun festival que xa é referente internacional no ámbito dos deportes de acción e cultura urbana. O Marisquiño, cualificado polo alcalde de Vigo como "o acto máis importante a nivel económico, é o evento que máis turistas achega á cidade en todo o ano, segundo apuntou o rexedor. Serán 8, 9 e 10 de agosto os días escollidos para esta festa do skate, e agárdase o dobre de público asistente en relación á pasada edición, grazas, entre outras novidades, á celebración dentro do O Marisquiño da Copa do Mundo de Skateboard.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou esta mañá na presentación de O Marisquiño 2014; un evento que conseguirá un ano máis, e xa son 14, encher Vigo de bicis, skates, e cultura urbana. O respaldo a este festival, referente internacional, é absoluto, indicou o rexedor, dada a importancia que ten na dinamización da economía e do turismo da cidade. Caballero referiuse a O Marisquiño como "o acto concreto que máis turistas achega á cidade", salientando a súa vontade de "invitar a todos os vigueses a que veñan e a que gocen desta cultura". Carlos Domínguez, organizador, agradeceu o apoio prestado especialmente polo Concello de Vigo, co que asegura que "todo son facilidades á hora de ceder espazos, ou acotar zonas para o evento, a todo nos din que si" e ademáis salientou a implicación do alcalde na pasada edición, que "interactuou cos skaters", e "estivo presente toda a tarde, sen perderse nada do que alí acontecía".
Todas as institucións presentes na rolda de prensa coincidiron ao louvar este festival e desde a organización agradeceuse a colaboración tamén dos sponsors, que como "Arnette", "G-Shock" ou "Red Bull" seguen apoiando este evento a pesar da época dificil na que nos atopamos. A presentación contou cun padriño de excepción, Danny León, gañador de "Arnette O Marisquiño 2013" e un dos máis aclamados na cidade, xa que non falta á cita co Marisquiño dende 2007. Espérase ademáis, dobrar a cifra de público asistente á pasada edición, que foi de 60,000 persoas, grazas á inclusión da Copa do Mundo de Skateboard, que aumentará tamén o número de deportistas de 1,100 a 1,250 aproximadamente. O orzamento para este Marisquiño 2014 é de medio millón de euros, no que o 22% é aportado por institucións e o resto corresponde a aportación privada.
Descargar todas as imaxes