Escoitar

O Concello cooperará cos actos organizados polo centenario do Instituto Español de Oceanografía

O alcalde comprometou a cooperación do Concello de Vigo cos actos organizados con motivo do centenario do Instituto Español de Oceanografía. Trátase, dixo, "dun recoñecemento global que lle debemos como cidade, como territorio".

luns, 5 mai 2014
1399291097oceanografico.JPG
Cando se cumpren cen anos da posta en marcha do Insituto Español de Oceanografía e apenas faltan tres para o centenario do Centro Oceanográfico de Vigo, o Concello compromete o seu apoio para poñer en marcha unha serie de accións que conmemoren estes cen anos de investigación, con actos de divulgación de coñecemento que poderían desenvolverse, por exemplo, en Samil. A longo dun encontro cos responsables do centro vigués, Valentín Trujillo Gorbea, director e José Fumega, subdirector, Caballero compremeteuse a cooperar cun "recoñecemento global que lle debemos como cidade, como territorio" ao conxunto de institutos de toda España e ao de Vigo, especialmente. En rolda de prensa, Caballero, explicou que recibiu un mapa topobatimétrico da zona marítima de Galicia para a que os responsables do centro se prantexan pedir protección especial.
Descargar todas as imaxes