martes, 6 mai 2014
O alcalde de Vigo avanzou hoxe que o próximo 20 de xuño rematará o prazo para puxar polas 40 vivendas de República Arxentina. Os interesados poderán entregar as súas propostas en dependencias municipais de luns a sábado.
martes, 6 mai 2014
O alcalde anunciou hoxe martes a remisión dunha carta á ministra de Fomento, Ana Pastor, na que solicita a transferencia da titularidade da Avenida de Madrid, desde o Seminario ata a Praza de España, para humanizar a entrada sur da cidade. O goberno local prevé retirar o valado e iniciar a reforma por fases desde a Praza de España.
martes, 6 mai 2014
A explanada do Náutico será o escenario dun festival que xa é referente internacional no ámbito dos deportes de acción e cultura urbana. O Marisquiño, cualificado polo alcalde de Vigo como "o acto máis importante a nivel económico, é o evento que máis turistas achega á cidade en todo o ano, segundo apuntou o rexedor. Serán 8, 9 e 10 de agosto os días escollidos para esta festa do skate, e agárdase o dobre de público asistente en relación á pasada edición, grazas, entre outras novidades, á celebración dentro do O Marisquiño da Copa do Mundo de Skateboard.