Escoitar

O prazo para puxar polas 40 vivendas municipais de República Arxentina remata o 20 de xuño

O alcalde de Vigo avanzou hoxe que o próximo 20 de xuño rematará o prazo para puxar polas 40 vivendas de República Arxentina. Os interesados poderán entregar as súas propostas en dependencias municipais de luns a sábado.

martes, 6 mai 2014
O próximo 20 de xuño remata o prazo de presentación de propostas para participar na poxa pública dalgunha das 40 vivendas muncipais de República Arxentina. O rexedor anunciou que o DOG publica hoxe o último anuncio de aprobación do exepdiente patrimonial e do prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá o proceso.

Os pregos de condicións e a documentación previa pode xa ser consultada tanto na Xerencia de Urbanismo como na web municipal e a documentación poderá ser presentada por correo ou presencialmente en dependencias municipais. De luns a venres, a entrega será no Rexistro da Xerencia de 9,00 a 13,00 horas e os sábados, no Rexistro do Concello, de 9,00a 13,00 horas. O 24 de xuño, na sede da Xerencia, abriránse as 10,00 horas as distintas propostas. A páxina web municipal vén de publicar un apartado de preguntas frecuentes para aclarar as 18 dúbidas máis habituais sobre este proceso.

Cos cartos procedentes desta venta, O Concello expropiará o solo para, a súa vez, poñelo a disposición da Xunta de Galicia para construir a Cidade da Xustiza. Caballero reiterou que con esta operación non se perde patrimonio municipal xa que este será recuperado cos aproveitamentos urbanísticos nos terreos expropiados, tal e como determina o PXOM.