O Concello informa a 40 universitarios da Coruña do presente e futuro do urbanismo de Vigo
A tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, mantivo este xoves unha charla con 40 estudantes da facultade de Socioloxía da Universidade de Coruña para trasladarlles información do Vigo do presente e futuro en materia urbanística. Os alumnos visitan Vigo para estudar a cidade e as súas posibilidades.
Carmela Silva e técnicos da Xerencia de Urbanismo mantiveron unha charla este xoves con 40 alumnos da facultade de Socioloxía da Universidade de Coruña, de visita hoxe en Vigo para estudar urbanísticamente a cidade e as súas posibilidades.
Segundo explicou a tenente de alcalde, os estudantes recibiron unha "breve explicación" da situación actual e de futuro da cidade olívica, unha vez aprobado o Plan Xeral. Silva afirmou que "estamos encantados" de recibir ao alumnado e de ensinarlles "o modelo de cidade que queremos", ao tempo que valorou como "moi importante que outras cidades de Galicia coñezan como é a nosa cidade, o presente e tamén o futuro". "Iso tamen é facer Vigo", concluíu.
A tamén concelleira de Urbanismo explicou que a iniciativa da Universidade de Coruña é "moi interesante" polo que os estudantes recibiron do Concello de Vigo "todas as facilidades e toda a información" como forma de que a cidade teña "o recoñecemento que merece".
Descargar todas as imaxes