Escoitar

O alcalde anuncia a elaboración do proxecto para cubrir o patio do colexio Castelao de Navia

Abel Caballero informou este xoves do inicio da elaboración do proxecto para dotar dunha cuberta ao patio do colexio Castelao, en Navia, unha "antiga reivindicación" que a Xunta de Galicia, a administración competente en materia educativa, non atendeu e asumirá o Concello. "O noso obxectivo é que no outono estea feita a obra", apuntou o rexedor.

xoves, 12 set 2013
1378987672alcalde6.jpg
O goberno de Vigo xa traballa na elaboración do proxecto para cubrir o patio de recreo do colexio Castelao, en Navia. Así o indicou este xoves o alcalde de Vigo, quen explicou que esta obra se trata dunha "antiga reivindicación" dos pais e nais do centro e fixou para outono o remate da mesma. Caballero asegurou que "temos partida orzamentaria" e estimou o coste dos traballos entre 100.000 e 150.000 euros.

O alcalde de Vigo recordou que esta obra, da que gozan "tantos e tantos colexios de Vigo", é "obriga e competencia da Xunta de Galicia, que desoe unha vez tras outra a lexítima reivindicación que lle facemos desde o Concello e que lle fan os pais e nais dos nenos de Navia, que teñen dereito a ter o patio de recreo cuberto".

Caballero afirmou que, pese a non atoparse entre as competencias municipais, o Concello de Vigo inicia de modo "inmediato" a tramitación co obxectivo de ter a cuberta dispoñible para o inverno.
Descargar todas as imaxes