Escoitar

Caballero, satisfeito pola sentencia que recoñece a vixencia do convenio propio en POVISA

O alcalde mantivo unha reunión co Comité de Empresa do centro e trasladoulles a súa "satisfacción" pola sentencia que recoñece a eficacia do convenio laboral propio. Caballero asegurou "total disponibilidade do Concello para cooperar cos traballadores e con AFAN" nun mercadiño conxunto que prevén organizar.

mércores, 11 set 2013
1378901156povisa.JPG
Caballero informou que recibiu ao Comité de Empresa de POVISA esta mañá despois de solicitar onte unha entrevista, reunión na que os traballadores agradeceron o apoio recibido desde o goberno local.

O alcalde reiterou o respaldo do seu goberno ás demandas dos empregados de POVISA e garantiu "total disponibilidade do Concello para cooperar cos traballadores e con AFAN" no proxecto de organizar un mercadiño en colaboración con AFAN. Caballero ve con "satisfacción" o ditame xudicial sobre o convenio e desexou que a alegación presentada pola empresa se resolva favorablemente para os traballadores.
Descargar todas as imaxes