O Concello cede unha aula da Uned para albergar o Centro de Linguas da Universidade
O alcalde de Vigo anunciou hoxe xoves a cesión dunha aula grande da Uned para que a Universidade dispoña dun local no centro para impartir cursos de idiomas non regrados. Así o explicou logo da sinatura dun convenio de colaboración co reitor para cooperar na organización de exposicións na Casa Galega da Cultura.
Unha aula da Uned con capacidade para cen persoas acollerá o Centro de Linguas da Universidade, un proxecto que permitirá impartir polas mañás cursos de idiomas non regrados no centro da cidade durante o periodo escolar. Así o anunciou hoxe xoves Abel Caballero nun día no que tamén asinou un convenio de colaboración co reitor, Salustianoa Mato, polo que ambas insitucións colaborarán na organización de exposicións na Casa Galega da Cultura. O Concello aportará ao redor de 18.000 euros anuais para que durante catro meses ao ano -o convenio remata en 2016- a Universidade poida achegar á súa creatividade a todo Vigo.
Por outra banda, o alcalde apuntou a posibilidade de que o Concello poida axudar a universitarios empadroados en Vigo que necesiten apoio en transporte urbano ou en comedor, "confiando" en que no próximo orzamento poida incluirse unha partida para este fin.
Descargar todas as imaxes