Escoitar

O concelleiro, Santos Hector, convida a cidadanía a participar esta fin de semana na IV edición da Festa da Cultura de Vigo

O Concelleiro de Participación Cidadá, Santos Hector, xunto a Roberto Giraldez, presidente dos Centros Culturais presentaron este xoves a IV Festa da cultura de Vigo que se celebrara a fin de semana na Porta do Sol, con diferentes actuacións musicais, teatrais, mostras de artesanía e concertos. <br />

xoves, 11 xul 2013
1373538198P7121626.jpg
O concelleiro de Participación Cidadá presentou este xoves a 4º edición da Festa da Cultura de Vigo, organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo e que conta coa colaboración do Concello de Vigo. A xornadas contarán con actuacións musicais, de teatro, desfíles, mostras de artesanía e concertos que se levarán a cabo na Porta do Sol e nas escaleiras do MARCO.

O acto mais destacable será un pasarrúas que contará con 200 gaiteiros, dende o muro da estación , pasando por Urzaiz e rematando na rúa Principe.

Os actos pecharanse o domingo 14 cunha comida de confraterninade con todos os colectivos e as autoridades municipais. Ademais a través de diversos actos os Centros Culturais de Vigo darán a coñecer as súas actividades, iniciativas e programación cultural.

O concelleiro, Santos Hector convidou a participar nesta festa a toda a cidadanía na que estarán representados varios colectivos culturais da nosa cidade e arredores.
1373538198P7121626.jpg
1373538311programa.jpg.jpg
Descargar todas as imaxes