Iberia Express aumentará as prazas nun 6% e mellorará frecuencias en Peinador
O alcalde de Vigo trasladou hoxe xoves algunha das conclusións dos contactos con compañías aéreas que está a manter nas últimas semanas. Segundo confirmou, Iberia express aumentará os asentos de 140.000 a 150, o que supón un incremento dun 6% nas prazas.
Os conctactos do rexedor con compañías aéreas empezan a dar os seus frutos, tal e como avanzou hoxe xoves o propio Abel Caballero en rolda de prensa. Segundo explicou, durante o encontro que mantivo o pasado martes en Madrid con altos directivos da compañía, Iberia Express vai aumentar a oferta de asientos nun 6% na tempada de inverno, pasando de 140.000 a 150.000 prazas. Asimesmo, vanse mellorar as frecuencias e a concectividade en función das necesidades, polo que "estableceremos unha relación permanente coa empresa para ir perfilando estes cambios". Rematou trasladando a súa "satisfacción" ao comprobar que Iberia Express coida Vigo un lugar "prioritario e agora reforza a súa capacidade operativa".