O alcalde apunta que o frente da defensa do sector naval "empeza a ter aliados en Europa"
Abel Caballero instou á delegación española que hoxe xoves se reúne co comisario europeo Joaquín Almunia, a manter mañá un encontro con Durao Barroso. Confirmou que ao apoio do Congreso, do Senado, do Parlamento Galego e do propio Concello, súmase o do presidente do Consello Económico e Social europeo o que, nas súas palabras significa que "empezamos a ter aliados en Europa".
Abel Caballero reiteriou hoxe que o tax lease ten que ser retroactivo, o que significa que non haxa que devolver ninguha axuda fiscal recibida. Na súa opinión, esa é a única solución para o sector porque, "pague quen pague, vai supoñer o desmoramento do naval". Caballero animou á delegación española, encabezada polo ministro de Industria, José Manuel Soria, que hoxe se reúne co comisario da Competencia, Joaquín Almunia, que manteña mañá un encontro co presidente da UE, Durao Barroso, "porque empezamos a ter aliados en Europa". A este respecto, engadiu que o presidente do Consello Económico e Social Europeo ven de escribir unha carta a Almunia na que aboga pola tese española de non ter que devolver esas bonificacións do tax lease, un apoio institucional que se suma ao do Congreso, o Senado o Parlamento Galego e ao do propio Concello de Vigo.
Caballero continuou hoxe a rolda de contactos para sensibilizar sobre a situación do naval, con reunións con colectivos culturais e sociais entre os que destacaba Interfolk, Centros Deportivos e culturais, Agarimo, o Conservatorio Profesional de Música de Vigo, a Fundación Laxeiro, a Escola Municipal de Música, Afaga, Apamp, Down Vigo e Aspanaex, entre outros. Acompañdo por representantes das forzas sindicais, o rexedor enfatizou a importancia da presión social para solucionar este conflicto.
Descargar todas as imaxes