mércores, 10 set 2014
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiron hoxe en Alcaldía aos e ás medallistas do Comesaña Sporting Club, a entidade atlética decana en Galicia, máis antiga que a propia Federación Galega de Atletismo.

luns, 8 set 2014
O alcalde de Vigo presentou esta mañá o II Torneo Concello de Vigo de padel que regresa o calendario deportivo da cidade tras dous anos de ausencia.

Disputado no outono de 2012, agora retómao unha nova entidade, o Club de Pádel Barreiro.

venres, 5 set 2014
O alcalde de Vigo presentou esta mañá o plan director para a remodelación do estadio municipal de Balaidos que comezou hoxe mesmo coa licitación da a primeira fase das obras na grada de Río. O rexedor salientou que "o estadio aumentará a sua capacidade ata os 31.500 espectadores e achegará as gradas o terreo de xogo ata o mínimo permitido".
venres, 29 ago 2014
O alcalde asinou hoxe un convenio de colaboración por valor de 15.000 euros co Halcones Béisbol, un "importantísmo" equipo en España. Desexoulles a mellor das sortes na máxima división na que compiten a nivel nacional "porque son o equipo punteiro nesta modalidade deportiva".

venres, 29 ago 2014
O alcalde de Vigo presentou hoxe o novo curso 2014-2015 das escolas deportivas municipais nas que colaboran 43 entidades deportivas da cidade e nas que se densenvolveran 26 modalidades deportivas distintas.
mércores, 27 ago 2014
Abel Caballero indicou esta mañá que Vigo disporá nos primeiros meses de 2015 dun "Marisquiño permanente e cuberto" para a práctica de deportes urbanos o que convertirá a Vigo nun referente internacional nestas disciplinas deportivas e "nesta nova forma de entender a cultura".
martes, 26 ago 2014
Vigo conta cun novo reto atlético que o alcalde da cidade, Abel Caballero, cualificou de "orixinal". Esta vindeira fin de semana, derradeira do mes, dende o mediodía do sábado 30 ao mediodía do domingo 31, o circuíto atlético municipal de Castrelos recibirá as 24 horas de Vigo, unha proba tanto individual como por equipos con prazo de inscripción aberto ata mañá, mércores.
martes, 26 ago 2014
O mes de agosto pecha coa 41 edición do Gran Premio Cidade de Vigo-Díptico Ciclista de Galicia, coa organización do Club Ciclista Vigués-Autronic e o patrocinio do Concello de Vigo, que ten "unha relación fluída co club", indicou Caballero.

luns, 25 ago 2014
En marcha a terceira edición da proba 10 km Praia de Samil, prevista para o 28 de setembro ás 11:00 horas e organizada pola A.D. Media Maratón de Vigo co patrocinio do Concello. Aberto o prazo de inscrición desta carreira, o alcalde da cidade, Abel Caballero, destacou que "esperamos chegar aos 1.200 atletas", é dicir, un incremento dun 20% respecto de a participación habida en 2012.
venres, 22 ago 2014
O alcalde recibiu este venres ao presidente, adestrador e algúns xogadores do Coruxo FC, da 2ªB, entidade que levará esta tempada 2014-2015 a imaxe institucional do Concello de Vigo no frontal das súas camisetas, como apoio da administración local ao club. Caballero desexoulle sorte ao club na consecución dos seus obxectivos, de cara á nova campaña futbolística que comeza.