Caballero reuniuse cos clubs de fútbol para "falar do proxecto deportivo" da modalidade
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, reuniuse hoxe con representantes duns trinta clubs de fútbol da cidade, algo que, como lembrou, non é a primeira vez que fai, "pois me reúno con eles periódicamente". O rexedor explicou que este encontro produciuse "para falar da situación na que se atopan e do proxecto deportivo" que o Concello deseñou para esta modalidade.
Caballero dixo que esta disciplina conta con máis de trinta campos de fútbol e "ao longo de ano, coa Vigo Cup movendo uns 3.000 futbolistas no verán, facemos un número significativo de campionatos municipais, con máis de vinte torneos e eventos".
O fútbol reúne a preto de 1.000 nenos e nenas no programa municipal de escolas deportivas e nestas vacacións de Nadal seguirá a actividade co Torneo Concello de Vigo de fútbol 8 (do 26 ao 30).
O xefe do goberno municipal quixo seguir "intercambiando opinións" con este colectivo ao que lembrou que "estamos dispostos a seguir construíndo campos para o deporte de base porque fan falta", e non dubidou en manifestar que "me gustaría poder facer un novo campo na zona anexa á nova estación de tren" que puidese dar cobertura ao Casablanca.
O fútbol vigués pecha 2016 con 471.000 euros en achegas directas ás entidades (subvencións do Concello), 645.000 euros en custo do mantementos dos campos de fútbol municipais e 110.000 € no programa de escolas deportivas e eventos, é dicir, algo máis de 1,2 millóns de euros de investimento do Concello, sen contar o plan de emprego nin os 200.000 euros de gastos enerxéticos dos campos de fútbol. "E os clubs recoñecen que en dous anos prácticamente duplicámoslles o apoio", manifestou o alcalde en declaracións aos medios na mañá deste luns.
Descargar todas as imaxes