Escoitar

O alcalde ratifica exencións a colexios e entidades deportivas por valor de 222.000 euros

Caballero asinou esta mañá sete convenios con outras tantos colexios e entidades deportivas para eximirlles do pagamento da cota correspondente ao uso de instalacións municipais. Trátase dunha medida coa que o goberno local quere reforzar o seu apoio ao deporte.

luns, 19 dec 2016
1482155700Firmaconvenio.jpg
O rexedor asinou esta mañá exencións por valor de por valor de 222.000 euros para o uso de instalacións deportivas por parte de varias entidades e centros educativos que non terán que aboar o prezo público correspondente, co fin de promover a actividade deportiva na cidade.

Así, segundo explicou Abel Caballero en posterior rolda de prensa, o IES A Guía queda exento de pagar 3.625 euros; a Agrupación Deportiva Vigo, que desenvolve o programa "Vigo en Xogo", non deberá aboar 104.194 euros; o IES de Teis, 3.482 euros; a Federación Galega de Taekwondo 772 euros. Ademais o Concello exime do pago de 89.000 euros á Federación Galega de Tenis, de 10.000 euros ao Centro de Educación Especial Menela e de 10.331 á Asociación de Pontevedra Fútbol Sala.
Descargar todas as imaxes