xoves, 22 dec 2016
Caballero ten a "certeza" de que o Goberno de España quere deixar a Vigo sen AVE directo a Ourense e Madrid -a vía de Cerdedo-, o que está a xerar "preocupación" e o "rexeitamento" da cidade. Tras unha reunión este xoves cos responsables do Colexio de Avogados, o rexedor vigués reclamou do Estado a aprobación inmediata da Declaración de Impacto Ambiental e a contratación da conexión por Cerdedo.
xoves, 22 dec 2016
Logo do encontro mantido con responsables das entidades que participan na formación deportiva do Concello, Caballero deu conta da presenza de 5.000 alumnos nas 35 modalidades que se imparten e sinalou o beneficio que lles supón a exención municipal de 233.000 euros anuais.
xoves, 22 dec 2016
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou a cuarta edición do Torneo de Nadal de fútbol, que se celebrará do 26 ao 30 deste mes en dez campos municipais con 2.000 participantes.
xoves, 22 dec 2016
Abel Caballero, acompañado da Corporación, presidiu este mércores na Lonxa do Concello o saúdo aos funcionarios municipais a quen se referiu como o "corazón físico da cidade" e de quen destacou o seu papel fundamental para o bo funcionamento da urbe. Ademais, manifestoulles o seu desexo de prosperidade para o vindeiro ano 2017 que fixo extensivo a toda a cidadanía viguesa.