venres, 22 ago 2014
En marcha unha nova edición do Campionato de Vigo de tenis, a número 73, que confirma o arraigo desta modalidade na cidade (foi dos primeiros deportes practicados en Vigo) e que o Concello patrocina un ano máis de forma decidida.
venres, 22 ago 2014
Sebastián Rodríguez, "Chano", foi recibido hoxe polo alcalde da cidade, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, que o felicitaron polos seus éxitos nos Campionatos de Europa de natación celebrados este mes en Eindhoven.
xoves, 21 ago 2014
Caballero anunciou hoxe xoves que o goberno local inicia o reparto das entradas da grada Concello-Celta no estadio municipal de Balaídos a distintos colectivos (desempregados, escolares, voluntarios...), para o primeiro partido de Liga. Os parados poden conseguir a súa entrada desde mañá venres, a partires das 9h, na lonxa do Concello.
xoves, 21 ago 2014
A primeira edición deste certame terá lugar mañá venres no pavillón de Navia, un torneo que se disputará ás 20:30h a partido único entre o Santiago Futsal (de Primeira División) e un combinado de xogadores do Talleres ABC Vigo Fútbol Sala e do Escuelas Deportivas Vigo 2015.
xoves, 14 ago 2014
Segundo explicou Abel Caballero hoxe xoves, o goberno de Vigo aprobou as bases e convocatoria da subvención para renovar, por outra tempada, a chamada grada Concello-Celta, 1.600 entradas a partidos do Real Club Celta en Balaídos para escolares, discapacitados, persoas con dificultades económicas e voluntarios.
mércores, 13 ago 2014
Abel Caballero destacou hoxe mércores o éxito do Torneo Internacional de Tenis do Clube de Campo e garantiu o apoio do Concello de Vigo para a edición especial de 2015, cando se celebre o 75 aniversario dun evento tenístico polo que pasaron Rafa Nadal, Andy Murray, Alberto Berasategui ou Manolo Santana, entre outros.
luns, 11 ago 2014
O alcalde de Vigo participou este luns no acto de presentación da 51ª edición da Regata Martín Códax Rías Baixas, organizada polo Real Club Náutico e coa colaboración do Concello. A proba terá lugar do 13 ao 16 de agosto, con saída e final no porto vigués e unha participación que se aproxima ao centenar de embarcacións.
mércores, 6 ago 2014
O trail, unha competición atlética de montaña que está a gañar adeptos nos últimos anos de forma continuada, chega a Vigo o vindeiro día 23 co apoio do Concello.
mércores, 30 xul 2014
Abel Caballero, alcalde de Vigo, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiron hoxe no seu despacho da Alcaldía a Sebastián "Chano" Rodríguez, que este venres viaxa a Eindhoven para disputar o Campionato de Europa de natación adaptada no Estadio Acuático Pieter van dean Hoogenband.
mércores, 30 xul 2014
Jaime de Haz Iraurgui, flamante campión do mundo sub 23, ofreceu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a medalla de ouro conquistada no Mundial de Varese co bote catro sen timoeiro, no transcurso da recepción oficial ao remeiro do Real Club Náutico de Vigo.