Caballero eloxia a mobilización do deporte base vigués no Nadal

mércores, 4 xan 2017

O alcalde participou este mércores no Pavillón Central das Travesas na entrega de medallas das Xornadas Polideportivas de Reis, que congregaron a máis de cincocentas nenas e nenos de entre 4 e 11 anos durante este Nadal nas Travesas, en Navia e en Coia. Caballero puxo en valor "a grande mobilización" do deporte base da cidade neste período navideño con "miles" de rapaces e rapazas participando nas actividades organizadas polo Concello.

O alcalde felicita aos subcampións de España de baile deportivo

martes, 3 xan 2017

A viguesa Clara Pereira e o seu compañeiro David Vigo, que forman parte do Club de Baile Deportivo Al Compás, participaron recentemente no Open Internacional Junior no que se proclamaron subcampións de España de baile deportivo. Abel Caballero felicitounos polo éxito acadado, nun encontro celebrado este martes no Concello, e transmitiulles o aprecio da cidade polo seu bo facer nas pistas.

O rexedor eloxia a traxectoria do judoka Álvarez Fariña

luns, 2 xan 2017

Abel Caballero recibiu este luns a Javier Álvarez Fariña, a quen felicitou por terse proclamado recentemente gañador da Copa de España de Judo na categoría de menos de 90 quilos e sinalou a "grande importancia deportiva" deste galardón que sitúa o "judo de Vigo nos máis altos niveis de España". <br />

Caballero salienta o alto nivel do taekwondo vigués

luns, 2 xan 2017

Este luns o rexedor mantivo un encontro con varios deportistas do Ximnasio Escola Tao de Vigo a quen lles deu os parabéns polos éxitos acadados ao longo da temporada 2016, con varias medallas no Mundial, nas diferentes categorías da especialidade de taekwondo e referiuse ao "altísimo nivel" que está vivindo o judo, o taekwondo e as artes marciais na cidade.