Escoitar

O Concello inicia o cubrimento da armazón da cuberta de Tribuna con tiras de aluminio azul celeste

Os traballos de cubrimento da cuberta de Tribuna con tiras de alumnio azul celeste arrancarán en breve, unha vez anclada a armazón. Ao mesmo tempo, dixo o alcalde, xa está en licitación a reforma da grada de Río, por un valor superior aos seis millóns de euros.

martes, 18 out 2016
Abel Caballero deu conta da colocación da segunda metade da armazón da cuberta da grada de Tribuna en Balaídos polo que, de inmediato, comezará o proceso de cubrimento, con tiras de aluminio. Formada por dúas pezas de 60x25 m, a visera avanza cara o campo o máximo que se permite en estruturas opacas, detallou. O rexedor reiterou que xa está en periodo de licitación a reforma da grada de Río -por máis de 6 millósn de euros- e avanzou que van falar co clube e coa afección para decidir se arrancan as obras a metade de temporada ou xa no verán.

En rolda de prensa, insistiu en que tanto a Deputación de Pontevedra como o Concello xa están a falar da grada de Marcador, xa que serán ambas administracións as que asuman a reforma dada a negativa da Zona Franca e da Xunta a participar nesta remodelación integral de Balaídos.